A AELG propón regalar un libro en galego e unha flor no Día de Rosalía de Castro

Tamén pide unha lectura pública no Parlamento para conmemorar os 10 anos desta efeméride.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2021 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

Unha lectura pública no Parlamento galego da man de escolares é a última proposta da Asociación de Escritores e Escritoras da Lingua Galega (AELG) no marco das celebracións do décimo aniversario do Día de Rosalía de Castro, que recae este mércores 24 de febreiro.

Precisamente, esta efeméride, que conmemora o nacemento da escritora, coincidirá co pleno na Cámara autonómica, á que a AELG xa solicitou a declaración oficial do Día de Rosalía de Castro.  De feito, segundo lembra a asociación de escritores nun comunicado, esta data está recollida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no seu 'Calendario do Libro e da Lectura'.

Así mesmo, a AELG propón á cidadanía que, para celebrar o Día de Rosalía de Castro, regale un libro en galego e unha flor, á vez que anima a realizar outras accións para festexar o 24 de febreiro.

Este colectivo de escritores en lingua galega promoverá por toda a Comunidade lecturas públicas da obra da escritora xunto a un manifesto propio, redactado este ano por Anna R. Figueirido co título '#TeusDocesCantares'.

Tulipáns, flores, floristería
Tulipáns, flores, floristería | Fonte: pixabay

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta