A CIG denuncia a "privatización" das tramitacións para permitir cortas domésticas

Critica unha "imposición de comunicación telemática obrigatoria dirixida a unha poboación rural cada vez máis avellentada".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

A CIG denunciou a "privatización" da tramitación de solicitudes de curtas de uso domésticos e cuestiona que se deixe "en mans dunha empresa privada, coa consecuente perda do servizo público para as persoas administradas".

Nun comunicado, asegura que "o recente anuncio por parte da Consellería de Medio Rural da tramitación dos permisos de uso doméstico a través do teléfono 012, que, ademais, é un teléfono de pago con custo, é unha clara privatización do servizo".

"Con anterioridade a xuño de 2020, momento de entrada en vigor do decreto que establece a obrigatoriedade de que todas as solicitudes de aproveitamentos madeireiros sexan telemáticas, podíanse tramitar nas oficinas agrarias comarcais ou nos distritos forestais por persoal empregado público da Consellería de Medio Rural".

A CIG critica unha "imposición de comunicación telemática obrigatoria dirixida a unha poboación rural cada vez máis avellentada" e que, na súa opinión, "incumpriu as garantías da propia Lei de Administración Dixital de Galicia que requiría un estudo previo da competencia dixital da poboación".

Tamén subliña que desde esta central demandouse que as declaracións responsables de uso propio, curta de madeira para leña para o consumo no fogar, puidésese realizar de maneira presencial con persoal habilitado.

Por outra banda, sostén que o teléfono 012 do Centro de información da Xunta é "un teléfono de pago, que está saturado posto que é o encargado de tramitar varios servizos", cita aludindo, entre outros, a demanda de emprego, permisos de queimas ou medidas derivadas da Covid-19.

Carballo centenario cortado na debesa de Chacín, en Mazaricos
Carballo centenario cortado na debesa de Chacín, en Mazaricos | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta