A campaña que Abanca retirou: "aínda vés á oficina para todo?"

A corporación bancaria anuncia que retira a campaña logo de colleitar numerosas mostras de rexeitamento nas últimas semanas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

"Aínda vés á oficina para todo? Se podes ver os netos dende a tableta, podes sacar diñeiro desde o caixeiro". Ese sería un dos cartaces de Abanca que veñen de prender a chama do rexeitamento en parte da sociedade galega, ata o punto de que a corporación bancaria comandada por Escotet se viu obrigado a retirala; un anuncio que vén de se facer público na mañá deste martes coas palabras seguintes. 

Cartaz de Abanca parte da campaña publicitaria que a entidade bancaria tivo que retirar tras recibir críticas
Cartaz de Abanca parte da campaña publicitaria que a entidade bancaria tivo que retirar tras recibir críticas | Fonte: Twitter

Aos poucos días de ser lanzada, a campaña da banca galega recollía xa numerosas mostras de rexeitamento ante o que diversos usuarios da rede social twitter entenderon como unha aldraxe aos máis maiores. Aínda que boa parte das respostas á entidade bancaria tomaron un ton retranqueiro ou irónico, o certo é que a cuestión dos maiores está candente logo de meses de denuncias contra a actitude telemática que están a tomar moitas das administracións galegas; entre elas o Sergas

Este "insulto" da compañía aos maiores, a ollos de parte do público galego, podería ser resumido nese paso cara ao abandono da presencialidade; unha circunstancia rendible para a compañía pero que podería poñer en apretos aos máis maiores á hora de realizar as súas xestións. Abanca xa recibiu duras críticas en meses pasados polo cobro de comisións por "mantemento" da conta; unha circunstancia que foi denunciada con éxito ante a xustiza.

Polo momento, a campaña vén de supoñer un golpe á imaxe da compañía que se fragou en expresións como as que seguen:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta