Seguen á baixa o positivos en covid-19 nas aulas

Sitúanse nos 1.414, o que supón unha redución de máis de 200 respecto ao último balance facilitado pola Xunta o pasado sábado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/02/2021 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

A incidencia da covid-19 nos centros educativos galegos segue en descenso continuado. O número de casos en activo totais sitúase nos 1.414 positivos, o que supón unha redución de máis de 200 respecto ao último balance facilitado pola Xunta este sábado.

Alumnado nunha aula protexido con máscaras contra a covid-19
Alumnado nunha aula protexido con máscaras contra a covid-19 | Fonte: ANPE.

A caída tamén se reflicte na baixada de aulas pechadas ata unhas 60, ademais de dúas escolas clausuradas na súa totalidade. En concreto, trátase do centro infantil Globos de Pontevedra e do punto de atención á infancia de Guitiriz, en Lugo, este último con 11 positivos nas súas instalacións.

O total de positivos redúcese, ademais, en todas as áreas sanitarias galegas. A Coruña segue liderando o máximo de casos, con 459 e unha decena de aulas clausuradas. A área de Vigo, pola súa banda, suma 253 positivos e 10 aulas clausuradas.

Así mesmo, na área de Lugo rexístranse 192 positivos, nove unidades e un centro pechado. Os centros da área de Pontevedra sitúanse en 184 positivos e 20 unidades e un centro pechados, mentres que a da área de Santiago atópanse nos 150 casos con cinco unidades afectadas. 

Finalmente, Ferrol rexistra 99 positivos e dúas aulas pechadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta