A Deputación de Ourense recorta a achega económica á MIT de Ribadavia

A rebaixa supón 5.000 euros menos para a organización da Mostra Internacional de Teatro. Entidade organizadora e Concello de Ribadavia láianse da decisión e solicitarán unha mellora.

Por X.M. Fernández | Ribadavia | 24/02/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Segundo informan da MIT de Ribadavia, a Deputación de Ourense vén de comunicarlles a achega para organizar a edición da mostra deste ano, achega recortada en 5.000 euros.

Roberto Pascual, Director Artístico da MIT de Ribadavia. Foto cedida, R.P.
Roberto Pascual, Director Artístico da MIT de Ribadavia. Foto cedida, R.P.

O Director Artístico da Mostra Internacional de Teatro, Roberto Pascual, amosa a súa decepción e sinala que nos últimos anos o apoio económico doutras institucións foi en aumento, como por exemplo o INAEM-Ministerio de Cultura, que pasou de 51.000 a 64.000 euros na edición de 2020. Actualmente, é a administración que máis apoio económico achega ao festival.

"A previsión para esta edición de recuperación económica, social e turística deste 2021 presenta un duro revés, ao anunciar a institución provincial a decisión de recortar as súas axudas para a 37ª edición deste prestixioso símbolo cultural de Ourense", comenta Roberto Pascual.

Dende a MIT e dende o Concello de Ribadavia solicitarase unha mellora e rectificación desta decisión de última hora, "triste e incomprensible", recalca o Director desta senlleira mostra de teatro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta