O 'Día de Rosalía' pode coa pandemia: así lembra Galicia a súa poeta

As actividades e homenaxes adáptanse á situación de Covid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2021 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Galicia conmemora este mércores un 'Día de Rosalía' que é quen de resistir a pandemia. O país celebra o aniversario de Rosalía de Castro con ofrendas florais, lecturas e diversos actos para rememorar e render homenaxe ao legado da autora de Follas Novas. A Fundación que leva o seu nome convida á celebración da súa figura cun  'Caldo de Gloria', ou coa 'Alborada para Rosalía'.

Un cartel da escritora galega Rosalía de Castro nunha das rúas do centro urbano de Lugo
Un cartel da escritora galega Rosalía de Castro nunha das rúas do centro urbano de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

A axenda de eventos arrinca coa plantación dunha filla da 'Figueira de Rosalía' no Parlamento de Galicia ás 09,30 horas, á que seguirá un acto institucional, ademais doutro na Praza de Vigo ás 11,00 horas, no lugar onde naceu a autora. Ademais dunha plantación no 'Parque do Recordo' do Pazo de Faramello en Rois, a Fundación organiza unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía en Padrón ás 13,00 horas.


Doutra banda, a encargada de facer o 'Caldo de Gloria', iniciativa inspirada no poema 'Miña casiña, meu lar', foi a cociñeira Lucía Freitas do restaurante A Tafona, que editou un vídeo inspirándose na súa versión da receita.

Outras institucións, como as Deputacións da Coruña e Pontevedra, sumaranse tamén á conmemoración da xornada. A institución provincial coruñesa destaca o Festival Rosalía, coa participación de figuras como a música Uxía ou a escritora María Reimóndez, que 'xira 360º' para nos explicar quen foi Rosalía e por que a considera relevante.

Nestoutro vídeo, tamén pertencente ao Festival Rosalía, Iria Ribadomar, de Deica Creacións, explícanos o proceso de creación dos seus deseños de Rosalía de Castro e o que para ela significa.

A Deputación de Pontevedra, pola súa banda, celebra actos ás 12,00 e as 19,00 horas en Vigo e Pontevedra, respectivamente, nas sedes provinciais de ambas as cidades. Ambos contarán con representantes do mundo da cultura, a arte, a igualdade e a comunidade escolar e de representantes políticos como a presidenta provincial, Carmela Silva, e os alcaldes Abel Caballero e Miguel Anxo Fernández Lores.

Doutro lado, a Fundación Galiza Sempre organiza a conferencia "Unha ollada interrnacional sobre a figura de Rosalía". Anik Nandi, Katheleen March e Keith Payne falarán da proxección da obra de desta autora a nivel internacional. Presentada por Goretti Sanmartín, poderá seguirse ás 20:00 horas a través da páxina de Facebook da fundación. 

Tamén as redes celebran este Día de Rosalía dende ben cedo. As contas dos principais partidos políticos galegos amenceron con publicacións dedicadas á poeta:

Os galegos e galegas lembras os seus versos, ollan a súa estrela no ceo e reivindican a súa obra e papel na cultura galega.  Eis unha mostra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta