Salta un semáforo en vermello e atropela a un neno de dez anos na Coruña

O menor foi trasladado a un centro hospitalario da Coruña e o seu estado é leve.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/02/2021 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Un menor resultou ferido leve tras ser atropelado por un condutor que saltou un semáforo en vermello, segundo informou a Europa Press a Policía Local. O suceso produciuse ao redor das 08,45 horas na avenida de Buenos Aires, na zona do Estadio de Riazor e a Praia Club, precisaron as mesmas fontes.

O atropelo rexistrouse nun paso de peóns regulado con semáforo e tivo lugar despois de que o condutor saltara o mesmo cando estaba en vermello. O menor, de 10 anos, foi trasladado a un centro hospitalario da Coruña e o seu estado é leve, indicaron desde a Policía Local tras o accidente.

Semáforo en vermello
Semáforo en vermello | Fonte: EDUARDO PARRA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta