Temas: COVID-19 OMS

As persoas xordas, as outras vítimas da covid

O Día Mundial do Implante Coclear celebrase este ano moi pendente do que acontece coa pandemia.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Este 25 de febreiro celébrase o Día Mundial do Implante Coclear, unha técnica que facilita ás persoas con dificultades auditivas a poder recuperar a súa audición e ter unha maior calidade de vida. 

Cartaz do Día Mundial do Implante Coclear
Cartaz do Día Mundial do Implante Coclear | Fonte: Federación AICE

Este ano, Santiago de Compostela únese a esta iniciativa colaborando coa divulgación de mensaxes de prevención da perda auditiva nas pantallas e nos autobuses de TUSSA dende o 22 de febreiro ata o 7 de marzo co fin de visibilizar a perda de sensibilidade auditiva e concienciar á poboación de que coide a súa audición

OS PROBLEMAS DE AUDICIÓN E A COVID-19 

Dende a Federación de Asociacións de Implantados Cocleares de España (AICE), defenden que a aparición da Covid-19 afectou ás persoas con problemas auditivos, xa que as medidas sanitarias implantadas, como o uso da máscara e a distancia social, supuxeron unha barreira na accesibilidade á comunicación destas persoas.

Por isto, a Federación expón que as asociacións que participan dela deseñaron e repartiron 30.000 máscaras comunicativas a diferentes sectores, "desde familiares dos propios implantados ata centros educativos e hospitais".

"Os implantados cocleares queren oír e ser escoitados", defenden dende a Federación, e por iso, o Día Mundial do Implante Coclear iníciase á par da Semana da Audición, que terminará o 3 de marzo coa celebración do Día Mundial da Audición, promovido pola Organización Mundial da Saúde.

Temas: COVID-19 OMS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta