Aprobadas as axudas do Concello da Coruña para entidades deportivas sen ánimo de lucro

Como novidade, figuran partidas para actividades de natureza diversa vinculadas como poden ser conferencias, foros, edición de libros, documentais e traballos de investigación.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/02/2021 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno, as bases reguladoras da convocatoria pública de concorrencia competitiva das subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a promoción e fomento do deporte cunha contía de 325.000 euros, 45.000 euros máis que en 2020.

Neste apartado, segundo informa o goberno local, inclúense cinco tipos de axudas en función de se o tipo de actividade deportivaimplica a participación en competicións nacionais ou é para a práctica en xeral dunha especialidade, as catalogadas dentro de campamentos e campus e as relacionadas coa celebración de eventos deportivos.

Como novidade, figuran partidas para actividades de natureza diversa vinculadas como poden ser conferencias, foros, edición de libros, documentais e traballos de investigación.

Ademais, tamén se aprobaron as novas bases de admisión ás escolas infantís municipais para o curso 2021-2022 "coa finalidade de acelerar o proceso, o que permitirá publicar a listaxe definitiva de alumnas e alumnos catro meses antes que no 2020", engade.

Xunta de Goberno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ
Xunta de Goberno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta