O Foro Económico estima unha caída do 9% no PIB galego en 2020

O sector servizos é o que o rexistra os datos máis negativos cunha caída próxima ao 15%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica estima unha caída do 9% no PIB galego en 2020, dúas décima menos que retroceso medio en España.

Nun comunicado, o Foro Económico apunta a un "estancamento" da actividade económica no final do ano, xa que o mes de decembro sofre un descenso interanual do 3,1%, superior ao 2,7% de novembro.

Achaca estes peores datos ás "medidas de contención adoptadas en novembro para frear a pandemia". E é que foi ese mes "cando a actividade económica volveu resentirse despois da melloría experimentada ata outubro".

O sector servizos é o que o rexistra os datos máis negativos cunha caída próxima ao 15% en termos interanuais nos últimos meses do ano. No outro extremo, a produción de coches conta co mellor comportamento na parte final, cunha alza do 30%.

Traballadores de Alcoa concéntranse nunha fila xunto á oficina do INEM de Burela para visibilizar o que serían máis de 1000 solicitantes de emprego na comarca da Mariña
Traballadores de Alcoa concéntranse nunha fila xunto á oficina do INEM de Burela para visibilizar o que serían máis de 1000 solicitantes de emprego na comarca da Mariña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta