Por fin os usuarios de residencias de maiores poderán saír a pasear

Serán só aqueles maiores que están inmunizados. En total, 20.000 persoas. Feijóo pide "responsabilidade" ante a desescalada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que os usuarios inmunizados fronte á covid-19 dos centros xeriátricos galegos retomarán as saídas desde este fin de semana, á vez que fixo un chamamento a actuar "co maior exercicio de responsabilidade individual e colectiva" no marco da desescalada que se inicia na Comunidade este venres.

Ás portas da reapertura da mobilidade en boa parte do territorio galego e da hostalaría, entre outras medidas, o presidente advertiu que hai "preocupación" en relación a que a desescalada se faga "con responsabilidade" e lanzou un aviso: "Se non o facemos ben, volveremos cara atrás e a restricións lamentables" que afectan tamén á "saúde económica" galega.

Así mesmo, anunciou que "desde este fin de semana" os maiores que estean inmunizados fronte á covid-19 --é dicir, quen recibisen a segunda dose da vacina fai máis de dez días-- poderán volver saír dos centros xeriátrico. En total serán 20.000 usuarios que poderán saír acompañados por familiares dúas veces por semana cunha duración de dúas horas.

Neves Cabo Vidal, unha muller de 82 anos residente do centro de maiores Porta do Camiño de Santiago, aplaude tras converterse na primeira persoa en recibir a vacina contra a Covid-19 en Galicia, en Santiago de Compostela. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Neves Cabo Vidal, unha muller de 82 anos residente do centro de maiores Porta do Camiño de Santiago, aplaude tras converterse na primeira persoa en recibir a vacina contra a Covid-19 en Galicia, en Santiago de Compostela. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Por fin poden sair do campo de exterminio ! O que fixemos cos maiores residentes debera pasar a estudarse como novos campos de concentración i exterminio no século XXI en Galicia. Dende a política de Lazaretos ao aillamento social total durante un ano enteiro (cando para estas persoas un mes é xa media vida!) Logo dun ano de pandemia seguimos sen querer aprender nada dos erros cometidos... https://youtu.be/LAZPB4c2dmI