A Xunta anuncia un “bono desconto” para consumir no comercio local

Feijóo di que é o “bono moi ambicioso e o máis grande que deu a Xunta desde que ten competencias cen comercio”.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/02/2021 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que, tras o plan de rescate a autónomos e microempresas, así como as axudas específicas para hostalaría e outros sectores especialmente afectados pola covid-19, impulsará un plan específico para o comercio dotado con 20 millóns de euros.

Unha muller na porta dun comercio en Arteixo
Unha muller na porta dun comercio en Arteixo | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

En concreto, a Xunta aspira a contribuír ao impulso do consumo en tendas e comercios de proximidade, para o que financiará bonos. Segundo explicou Feijóo, estúdase coas federacións provinciais de comercio como se concretará esta medida e a que descontos se terá dereito.

"Pero será o bono máis grande que deu a Xunta en materia de comercio desde que ten competencias", resaltou o xefe do Executivo galego, quen tamén avanzou que se impulsará a dixitalización no sector, xa que os novos hábitos de consumo en liña "chegaron para quedar".

Con esta nova partida, son xa 160 millóns os destinados pola Xunta para a activación dos sectores económicos máis danados pola crise da covid. “E xa levamos 26.900 solicitudes en seis días ao segundo plan da hostelaría”, destacou o presidente galego que celebrou o anuncio de Pedro Sańchez de destinar 12.000 millóns a un novo plan de reactivación económica do sector. “Non coñecemos aínda os requisitios ,pero máis vale tarde que nunca”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta