As oposicións de educación en Galicia arrincarán o próximo 19 de xuño

Case 27.000 persoas están chamadas a participar nun proceso suspendido o pasado ano pola covid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o próximo 19 de xuño arrincarán as probas ligadas á oferta pública de emprego (OPE) no ámbito educativo na Comunidade.

Ratificouno na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que avanzou que se espera que no proceso participen entre 26.000 e 27.000 opositores. Por iso, e no marco de cumprir os protocolos de seguridade fronte á pandemia, dixo que haberá máis do dobre de tribunais, que pasarán dos 163 no ano 2019 a 359 en 2021.

OPE do Sergas o domingo en Silleda. XUNTA - Arquivo
OPE do Sergas o domingo en Silleda. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

"A todos os opositores que tiveron que esperar o ano pasado comunicámoslles que a partir do 19 de marzo empezarán os exames cos criterios que marque a Consellería", trasladou o mandatario galego.

Finalmente, incidiu en que as oposicións se irán reactivando paulatinamente noutras áreas igual que se reactiva outra actividade, pero sempre velando porque se garanta "a seguridade" fronte á pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta