Convocada unha concentración o próximo sábado en Pontevedra para reclamar a "blindaxe" da sanidade pública

Reclaman unha Atención Primaria centrada na saúde colectiva, a supresión das redes paralelas, a incompatibilidade público-privada, o rescate de todo o privatizado e pedirán unha industria sanitaria e farmacéutica pública.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2021 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

As organizacións sindicais CGT, Prosagap e STEG e a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade concentraranse ás 12,00 horas do sábado, día 27 de febreiro, na Praza da Peregrina de Pontevedra, coincidindo coas mobilizacións en defensa da sanidade pública que terán lugar nunhas 50 localidades do conxunto do Estado.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, os sindicatos explicaron que "o colpaso e a falta de resposta do sistema sanitario ante a crise da Covid non son gratuítos", senón que son "o resultado do proceso de privatización en marcha e de décadas de infrafinanciación do Sistema Nacional de Saúde".

Por este motivo, defenden a súa "blindaxe" ante "calquera interese privado", o seu "financiamento suficiente" e a derrogación das leis que "permiten o transvasamento do diñeiro de impostos a todo tipo de empresas privadas", en particular a lei 15/97 e do artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade.

Ademais, reclaman unha Atención Primaria centrada na saúde colectiva, a supresión das redes paralelas, a incompatibilidade público-privada, o rescate de todo o privatizado e pedirán unha industria sanitaria e farmacéutica pública. "Unha Sanidade para todos e todas, independentemente da situación administrativa" e "coidados dignos para a nosa xente maior", reivindican entre outras cuestións.

Na concentración deste sábado haberá unha mesa informativa e proxectaranse vídeos explicativos. Na comparecencia ante os medios, a representante do Sindicato de Profesionais da Sanidade Galega Pública (PROSAGAP), María Torre, asegurou que "a pandemia se está sacando grazas á pública, grazas aos traballadores e á cooperación que poidan facer os cidadáns".

Ademais, os representantes sindicais incidiron en que o proceso de vacinación está a evidenciar unha mala xestión dos recursos públicos. Unha denuncia na que ha incicido a representante na provincia de Pontevedra do Sindicato de Traballadores e Traballadoras de Ensino de Galiza (STEG), Belen Asensi, que sinalou que o problema da vacinación do profesorado evidencia unha desorganización derivada do paulatino desmantelamento da Sanidade Pública, cunha diminución do servizo para os cidadáns".

Protesta de SOS Sanidade Pública
Protesta de SOS Sanidade Pública

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta