Xogando con lume

Hai quen estando no goberno, que é un órgano colexiado, xoga a ser oposición animando e incitando co silencio protestas na rúa. O obxectivo é apuntarse vitorias a costa de radicalizar a sociedade.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 26/02/2021

Comparte esta noticia

E pra acadar tal cometido, falan da  falla de liberdade de expresión e focalízano nun señor que proclama a violencia como método político; ameaza a persoas  coa morte e é reincidente no tema. Xa non digamos que o que canta, verbas animadas por un ritmo machacón e cansino, ó que  algúns    pretenden chamarlle  arte, non deixa de ser un xénero de moi nula calidade  músical e, polo tanto,    unha linguaxe merdenta e chocalleira.

(I-D) O presidente do Goberno, Pedro Sánchez; a vicepresidenta primeira e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo; e o vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, sentados no hemiciclo - Europa Press
(I-D) O presidente do Goberno, Pedro Sánchez; a vicepresidenta primeira e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo; e o vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, sentados no hemiciclo - Europa Press

Diante tal panorama, xurde unha pregunta: hai que amparar  o insulto, a ameaza e o  vandalismo nunha sociedade democrática baixo o paraugas da  liberdade de expresión? E, en aras  desa liberdade, pódese xustificar a violencia contra  entidades públicas,  persoas e  bens privados?  É normal  pertencer a un  goberno sen condenar esa  violencia?

Estas son preguntas que esperan unha reflexión e unha resposta moi clara.

Dende que o Sr. Iglesias dixo que había que normalizar o insulto, moitos pensamos que hai dirixentes políticos que, co afán de protagonismo e de acadar máis votos  en río revolto,   perderon o norte. Pois pretenden  acadar obxectivos políticos á forza de  rachar escaparates, saquear comercios, etc.  e iso  é ir contras as normas  básicas da mesma democracia.  Mais, rizando o rizo das contrariedades, estes mesmos apóstolos da retórica  incendiaria, din que hai que controlar á prensa pois parece que as críticas fanlle dano. Pena  que o goberno actual teña que depender dos votos  destes individuos.

Que hai que modificar a lei pra impedir que a liberdade de expresión non sexa coartada parece que si. Pero que ninguén se engane, a liberdade de expresión tamén ten límites e liñas roxas.  Un ha sociedade non pode estar guiada pola lei da selva.

Moitos dos que  agora calan e non se pronuncian contra a violencia; moitos que    falan de rematar co fascismo, esquecen que neses extremos practícanse tamén  as barbaridades máis grandes contra a liberdade. Xogan co lume estes   que pensan que todo o que hoxe temos é unha merda, cando non viron ó que custou acadalo.

Os líderes que non condenan a violencia, ou que agora o fan entre dentes,  cometen un erro que seguro lles pasará factura en próximas convocatorias electorais. Que a democracia  neste Estado ten eivas, pois si. Que hai que corrixilas, tamén.  Mais afirmar que non é un estado democrático é faltar á verdade. Sobor de todo cando estes apóstolos non critican o que acontece en países onde si encadean a persoas polo mero feito de criticar ó goberno ou pensa diferente ós que mandan.

Xogar con lume, e  co silencio, xustificar o vandalismo, e un mal consello que pode  levar a  que estes novos dirixentes salgan nun futuro queimados. Esperemos e vexamos  o que acontece, mais por este camiño imos mal.


 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com