Sanidade detecta un 31% de incumprimentos en 4.100 inspeccións a negocios e instalacións deportivas

200 inspectores visitaron establecementos para asegurar o cumprimento das medidas anticovid.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/02/2021 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, realizou un total de 4.107 inspeccións a establecementos comerciais, de alimentación e de hostalaría, así como instalacións deportivas nas tres primeiras semanas de febreiro, durante a vixencia das máximas restricións para loitar contra a terceira onda da pandemia.

Varias persoas na entrada do centro comercial Marineda durante o segundo día da desescalada na Coruña, a 27 de febreiro de 2021
Varias persoas na entrada do centro comercial Marineda durante o segundo día da desescalada na Coruña, a 27 de febreiro de 2021 | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

En todas estas actuacións, realizadas por máis de 200 inspectores, detectouse que o 31% dos negocios contaba con deficiencias ou incumprimentos da normativa covid, polo que a Consellería lles deu un prazo para corrixilos.

En canto ao 69% restante, o 38% os locais si cumpría coas medidas sanitarias e o 31% estaban pechados debido ás restricións implantadas, segundo cifras que achega a Xunta.

Dos 4.107 establecementos inspeccionados en total, 2.313 --máis da metade-- foron hipermercados, supermercados e ultramarinos. O 53% de todos eles cumpría con todas as medidas, pero outro 37% contaba con algunhas deficiencias --no 4% dos casos, eran infraccións de maior importancia--

Ademais, os efectivos de Saúde Pública visitaron 765 locais de hostalaría, 584 instalacións deportivas e 250 centros comerciais e prazas de abastos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta