Máis de 3.000 persoas apoian un manifesto que pide ao Estado que recorra a "inasumible" sentenza de Meirás

O fallo obriga a indemnizar aos herdeiros do ditador Francisco Franco.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/02/2021 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Máis de 3.000 persoas e un cento de colectivos prestaron o seu apoio ao manifesto promovido por Iniciativa Galega pola Memoria que reclama ao Estado que recorra a "inasumible" sentenza que obriga a indemnizar aos herdeiros do ditador Francisco Franco pola recuperación para patrimonio público do Pazo de Meirás.

O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado
O pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado | Fonte: M.Dylan - Europa Press.

Así, as entidades agrupadas en Iniciativa Galega pola Memoria solicitaron reunións co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e os grupos parlamentarios para instalos a que promovan a presentación do recurso de casación ante o Tribunal Supremo pola sentenza da Audiencia Provincial da Coruña.

O colectivo considera que o fallo da audiencia supón "un paso atrás" que é "imprescindible" reverter para que Meirás poida ser "un símbolo de entendemento, de ruptura co franquismo e de afondamento nos valores democráticos que deben caracterizar" á sociedade.

Por iso, Iniciativa reivindica que non pode aceptarse un fallo xudicial que "branquea a figura do ditador" e, ao mesmo tempo, "pon en dúbida os procesos represivos cos que o pazo chegou a mans do Franco".

Así as cousas, celebrou o paso anunciado por parte da Deputación da Coruña e os concellos de Sada e A Coruña, que nos últimos días anunciaron a presentación de recursos "aínda conscientes das poucas probabilidades de admisión e estimación deste tipo" de apelacións ante o Supremo.

Neste sentido, instan a Xunta e Estado a tomar exemplo destas institucións porque recorrer esta sentenza "é a única opción defendible nunha democracia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Jose Manuel Souto Lamas

O nefasto poder xudicial segue facendo das suas. E imprescindibel a PURGA de franquistas disfrazad@s de xuices/zas.