O confinamento de febreiro reduce nun 33% a sinistralidade viaria en Galicia

Febreiro pechouse con 4 mortos en 4 accidentes, dúas vítimas menos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

A sinistralidade viaria reduciuse un 33,3 por cento en Galicia en febreiro, tras pechar o mes con catro falecidos en catro accidentes de tráfico, fronte ao seis vítimas en seis sinistros rexistrados no mesmo período do ano anterior --cando non estaban limitados os movementos debido á pandemia pola Covid-19--.

Segundo o balance facilitado pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT), recollido por Europa Press, o pasado mes de febreiro houbo unha vítima mortal nun accidente en cada unha das catro provincias galegas.

Deste xeito, nas de Lugo e Pontevedra non houbo cambios con respecto ao mesmo mes de 2020, mentres que na da Coruña supuxo unha redución do 50% ao pasar de dous falecidos en dous sinistros a un; así como na de Ourense.

Dos catro accidentes de tráfico mortais rexistrados o mes pasado, dous corresponden a colisións; un foi unha saída de vía e outro un envorco, segundo os datos da DGT. En canto ás idades dos falecidos nestes sinistros; dous deles tiñan entre 35 e 44 anos; un situábase entre os 55 e 64 anos e outra das vítimas era maior de 65.

DOUS MESES

No que vai de ano 2021 faleceron nas estradas galegas seis persoas en seis accidentes, fronte ás 11 vítimas en 10 sinistros no mesmo período do exercicio anterior, o que supón senllas caídas do 45,5 por cento e 40%, respectivamente.

Por provincias, a da Coruña pasa de seis falecidos en cinco accidentes mortais a unha vítima, o que supón unha redución do 83,3 por cento en mortos --cinco menos-- e do 80 por cento en sinistros --catro menos--.

Pola súa banda, a caída de vítimas ascende ao 50 por cento na provincia de Pontevedra, que pasa de dúas a unha --o mesmo que en número accidentes--, mentres que a de Lugo mantense sen cambios cunha persoa falecida nun sinistro.

Por contra, na provincia de Ourense aumentaron de dúas a tres os falecidos --un 50 por cento máis-- nos dous primeiros meses de 2021, con respecto ao mesmo período de 2020, e os accidentes mortais subiron de dous a tres tamén.

Accidente mortal en Nogueira de Ramuín. GC
Accidente mortal en Nogueira de Ramuín. GC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta