Galicia é a comunidade con máis ingresos en UCI do Estado na última semana

Tamén é a segunda autonomía na que houbo un maior número de hospitalizacións de casos covid nos últimos sete días.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 27 ingresos en UCI polo coronavirus na última semana, segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Sanidade. Deste xeito, Galicia é a comunidade con maior número de ingresos entre o 21 e o 28 de febreiro, seguida por Andalucía (19) e Asturias (17).

No entanto, eses 27 ingresos en UCI supoñen un descenso do 37% respecto dos 43 da anterior semana. En total desde o comezo da pandemia, 1.601 persoas con coronavirus pasaron pola UCI galegas.

Os casos de covid que necesitaron hospitalización nos últimos sete días en Galicia foron 197 --esta cifra tamén inclúe os ingresos en UCI--, segunda maior cifra entre comunidades, só por detrás de Andalucía (318). Un total de 12.043 persoas foron hospitalizadas con coronavirus desde hai un ano.

En Galicia hai 113 persoas en UCI con covid, cunha ocupación do 14,3%. Esta taxa é seis puntos menor a unha semana antes. A ocupación media en España é o dobre (28%). Hai 477 pacientes covid hospitalizados en Galicia, un 5,66% de ocupación. En España supón o 9,36%.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta. / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta