O paro baixa en 756 persoas en febreiro en Galicia mentres sobe no conxunto estatal

O total de desempregados en Galicia sitúase en 185.228, que son 18.999 máis que en febreiro de 2020

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2021 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en 756 persoas en febreiro en Galicia (-0,41%) en comparación co mes anterior, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo e Economía Social.

Así, Galicia é unha das tres autonomías con descenso de desemprego, por detrás de País Vasco (-1.702) e Estremadura (-1.517). En cambio, sobe nos 14 restantes con Andalucía á cabeza (+14.418).

O paro subiu en 44.436 persoas en febreiro en España (+1,1%), a súa maior alza neste mes desde o ano 2013, cando se incrementou en 59.444 persoas. O Ministerio de Traballo atribúe esta repunta ao "forte impacto" da terceira onda da pandemia e ás "severas restricións" que se impuxeron para freala.

Desta forma, o total de desempregados en Galicia sitúase en 185.228, que son 18.999 máis que en febreiro de 2020, o cal representa un aumento interanual do 11,43%.

Paro en Galicia a febreiro de 2021. EPDATA
Paro en Galicia a febreiro de 2021. EPDATA | Fonte: Europa Press

O PPdeG SINALA QUE GALICIA "SEGUE RESISTINDO"

O secretario xeral do PPeG, Miguel Tellado, subliñou que Galicia "segue resistindo os efectos da covid-19 mellor que e conxunto de España", segundo reflicten --remarcou-- os datos de desemprego correspondentes ao mes de febreiro.

"Ademais de rexistrar menos paro que ao comezo da pandemia, na evolución mensual somos unha do tres comunidades nas que baixa o desemprego, baixando o número de desempregados o mes pasado mentres que no Estado aumenta", subliñou. Tamén destacou que Galicia é a cuarta comunidade na que máis se incrementan as afiliacións, que tamén crecen a maior ritmo que en España, mantendo esta evolución positiva desde 2014.

"A pesar de que a nosa autonomía aposta por unhas restricións duras e necesarias, as cifras mostran que a nosa economía é das menos afectadas pola pandemia", salientou, aínda que asegurou que os populares "en ningún caso" se conforman "con esta situación e seguirán traballando para mellorar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta