Nace unha nova organización independentista para "afortalar o BNG desde posicións revolucionarias"

Esta organización, que xorde do Movemento Galego ao Socialismo --grupo do BNG- , intervirá politicamente "dende posicións de clase, con vocación unitaria e apostando aquí e agora por un programa de ruptura independentista".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/03/2021 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Compromiso militante,  traballo de base, construción de poder popular e a suma de forzas en todos os espazos, "nomeadamente afortalando o BNG e a CIG desde posicións revolucionarias". Eses son os principias obxectivos do Movemento Arredista, unha nova ferramenta política para sumar forzas pola "ruptura democrática".

Asemblea do Movemento Galego ao Socialismo
Asemblea do Movemento Galego ao Socialismo

O domingo 28 de febreiro celebrouse a Asemblea Nacional Constituínte deste movemento que nace do proceso “Sumarmos forzas pola ruptura” lanzado en outubro de 2020. "Daquela faciamos unha convocatoria aberta á conformación dunha nova organización que consolidase no seo do soberanismo un novo referente organizativo desacomplexadamente independentista, que aposte polo socialismo e sexa consecuentemente feminista", indican desde un comunicado.

Movemento Arredista pretende reivindicarse como parte da traxectoria dos sectores máis soberanistas galegos, e está impulsdo polos  sectores máis soberanistas da CIG e do BNG procedentes do Movemento Galego ao Socialismo --grupo que forma parte do Bloque-- e do que participaron algunhas  persoas vinculadas no seu día tamén a Causa Galiza. Teñen coma obxectivo a creación dun estado galego independente. "Tras meses de análises colectivas e debates realizados a pesar das dificultades impostas pola xestión da crise sanitaria -con restricións á mobilidade e no uso de espazos de reunión-, culminamos un proceso de acumulación de forzas que nos permite encarar con entusiasmo o complexo momento político e social que vivimos", suliñan.

INDEPENDENTISMO

Movemento Arredista nace cunha concepción abertamente independentista pero ten en conta a situación socioeconómica actual, derivada da xestión neoliberal dunha crise sanitaria sen precedentes. "A pandemia evidenciou aínda máis as desigualdades sociais, a vulnerabilidade das persoas fronte ao capital e o lucro devastador deste sobre a vida de todas, todo isto incrementado pola nosa carencia de poder político como pobo", din. 

Causa Galiza marcha polas rúas de Compostela o 25 de Xullo
Causa Galiza marcha polas rúas de Compostela o 25 de Xullo | Fonte: diarioliberdade

Esta organización intervirá políticamente "dende posicións de clase, con vocación unitaria e apostando aquí e agora por un programa de ruptura independentista" que basee na mobilización e a construción popular o centro da súa acción política. Será unha organización de "carácter estratéxico, identificábel publicamente, con vocación e perspectiva revolucionaria e capacidade de orientación política para avanzar nese camiño".

Entre os seus obxectivos está formar cadros políticos, aposta por dar debates estratéxicos ademais de intervir politicamente no día a día e coordinar e organizar as forzas coas que intervirán social e politicamente. Ademais de buscar "a unidade de acción reforzando as organizacións de masas como o BNG e a CIG".

"Con ilusión encetamos este aposta política por erguer un espazo de transformación que se sustenta na democracia popular, na xustiza social e económica e no ecoloxismo, e entende a centralidade do feminismo como panca para unha transformación social radical", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

7 mov. pola base de cotización

entre todos os do MGS non teñen cotizado nin un ano fóra do sindicato.

1 un da CIG

E no sindicato están de capa caída. Desde que machou Antolín son un cero á esquerda.

6 en resumo

A xunta de accionistas de troleada bloqueira cambia de nome: de MGS a MA. Máis nada. Circulen

1 Ramón Scarface Lareu Riveiro

O Chovi este é como o xaponés que nunca foi informado da fin da II Guerra Mundial e seguía batallando en taparrabos pola súa conta nunha illa recóndita. Anova-FPG nin existen xa, pero este homiño dalle que dalle na rede como disco raiado. É patolóxico.

5 Bernal Calvo Delaciga

De nova organización, nada. No MGS quedaban os xustiños para ser un partido-taxi e decidiron facer un "proceso de refundación" para atraer a Causa Galiza e aos mariachis que acompañaron a Alexandra Fdez. no seu transfuguismo cara o BNG (David Rguez. e compañía). Nin uns nin outros lles fixeron caso, así que esta "nova organización" sigue sendo o MGS, punto.

1 Ramón Lareu Scarface Riveiro

Comentario patrocinado por industrias cárnicas Ramón Lareu Riveiro https://i.ibb.co/Jq0bJrt/2014021511...

2 fracasando

Esta xente non se farta de fracasar, cambios de denominación mediante. Fracasaron como MpB na súa intención de facerlle pupa á UPG, fracasaron como MGS na súa idea de ser algo dentro do BNG e fracasan agora como MA ao non conseguir integrar nin a CausaGz nin a outros chiringuitos. Igual pensan que mudando de nome ocultan os seus fracasos.

4 anonimo

O que todos os galegos estábamos esperando. Un Estado independente galego, nun pais , como Galicia, cheo de xente nova, prácticamente sen xubilados, e reproducindo esquemas que tiveron un éxito fabuloso noutros sitios. E algo maravilloso, e nunca, nunca, nunca visto.

3 Multinick

Son a refundación do MGS: media ducia de liberados sindicais que non traballaron na vida. Pero iso si, despois non fan traballo sindical ningún e adícanse sobre todo a xestionar perfís troll e haters coma Benito Soto Troleada Galega, Galiza Rebelde e similares. Pequena burguesía histérica.