(Vídeo) Críticas á Xunta por "desleixar" durante 13 anos a fraga de Catasós

Ecoloxistas en Acción sostén que a "falta" de plans da administración dá pé a talas "ilegais" e a "degradación" da contorna.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Continúan as mobilizacións no seo do ecoloxismo galego a prol da conservación das áreas protexidas de Galicia. Logo de varias denuncias de empresas enerxéticas que pretenden implantar eólicos sobre estes espazos, Ecoloxistas en Acción suma agora ás súas demandas que a Xunta proceda ao coidado do Monumento Natural das Fragas de Catasós, situadas no concello pontevedrés de Lalín.

Fraga de Catasós, en Lalín
Fraga de Catasós, en Lalín

Segundo destaca a plataforma ecoloxista, a Xunta non estaría a cumprir os trámites preceptivos para conservar unha área destas calidades. De acordo coa formación verde, a administración autonómica debería ter posto en marcha unha serie de plans de planificación e conservación “como máximo dous anos despois da súa declaración como monumento”. A realidade é que, “15 anos despois”, seguen sen se formular.

Os trámites supostamente incumpridos polo ente autonómico abranguerían a elaboración do Plan de Conservación do monumento natural “que é preceptivo segundo a Lei 9/2001”. Á listaxe de ausencias sumaríanse tamén os dous instrumentos de planificación previstos nos plans de ordenación dos recursos naturais e os plans reitores de uso e xestión.

A organización ecoloxista sinala que estes documentos para a conservación e xestión do parque natural deberían estar en marcha “como máximo dous anos despois da súa declaración como monumento”. Ante esta demora, veñen de esixir á Consellería de Medio Ambiente que “proceda á elaboración do Plan de Conservación do monumento natural Fraga de Catasós sen máis dilación”.

TALAS "ILEGAIS"

A urxencia de desenvolver estes plans vai máis alá do puramente administrativo, explica, xa que implicaría unha protección real por parte da administración. “Para implementar esta protección e restauración é imprescindible a elaboración dos preceptivos instrumentos de planificación”, apuntan nun comunicado Ecoloxistas en Acción En liñas paralelas, a plataforma subliña que a “falta” destes plans de conservación está “facilitando a degradación da contorna do monumento natural”.  Sinalan que “se estiveran activas ditas figuras de planificación posiblemente se evitarían as tallas ilegais como a levada a cabo a finais de febreiro no souto de Cardiego a escasos metros do monumento natural”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta