Apoio do BNG á folga en Ferrolterra, unha comarca "que non se resigna a ser un deserto industrial"

Ana Pontón incide en que este territorio "leva sufrindo durante décadas as consecuencias de decisións políticas e vetos".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/03/2021 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, expresou o apoio da formación frontista á folga convocada en Ferrolterra, unha comarca que "non se resigna a ser un deserto industrial" e que demanda "solucións" que, ao seu xuízo, "teñen que vir do ámbito político".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Concello de Fene
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, no Concello de Fene | Fonte: BNG.

"Lamentablemente o que sobran son motivos para a xornada de folga xeral do 10 de marzo", manifestou a líder nacionalista este martes en Fene, onde reiterou o apoio do Bloque ao paro xeral convocado para o 10 de marzo nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

"Esta comarca leva sufrindo durante décadas as consecuencias de decisións políticas que están a vetar a este territorio para que teña futuro e a responsabilidade é tanto do Goberno da Xunta como do Goberno central", incidiu Pontón.

Estas palabras pronunciounas a portavoz do Bloque no consistorio de Fene, onde mantivo un encontro con representantes de empresas e sectores produtivos de Ferrolterra para analizar a situación económica e social que motivou a convocatoria de folga xeral para o 10 de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta