Agrede a unha muller de 75 anos no seu domicilio por facer ruído

A conteceu en Celanova. A Garda Civil tomou declaración ao agresor.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/03/2021 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Celanova tomou declaración a un veciño deste municipio por agredir a unha septuaxenaria na súa vivenda despois de recriminarlle que fai ruído na veciñanza.

Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración en calidade de investigado a J.R.S., de 41 anos de idade e veciño de Celanova, como presunto autor dun delito de lesións e outro de violación de morada.

As mesmas fontes indicaron que unha muller de 75 anos de idade veciña de Celanova denunciou unha agresión no interior do seu domicilio polo investigado, que se abalanzou sobre ela e causoulle lesións de carácter leve, todo como consecuencia "de recrinimarle que fai ruídos na veciñanza", subliñou a Benemérita.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Celanova.

Introducen a un detido nun coche policial logo da detención realizada por axentes da Guardia Civil
Introducen a un detido nun coche policial logo da detención realizada por axentes da Guardia Civil | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta