BNG e Iniciativa pola Memoria instan a Xunta e Estado a recorrer o fallo de Meirás por "branquear o franquismo"

Os socialistas tamén pedirán no próximo pleno que se "esgoten todas as vías xurídicas" para evitar indeminizar a familia Franco.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/03/2021 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O BNG e a Iniciativa Galega pola Memoria instou a Xunta e ao Estado a recorrer a sentenza que obriga a indemnizar á familia Franco polo Pazo de Meirás ao considerar que "branquea o fransquismo" e supón unha "labazada" para os colectivos que loitaron para que este ben de interese cultural fose devolto ao patrimonio público.

A líder do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa xunto a representantes da Iniciativa Galega pola Memoria
A líder do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa xunto a representantes da Iniciativa Galega pola Memoria | Fonte: Europa Press.

Así o demandaron este mércores na Cámara galega a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e os integrantes da Iniciativa Galega pola Memoria Carlos Babío e Montse Fajardo.

Na súa intervención, a líder do BNG considerou "inaudita" a decisión do Executivo estatal de non recorrer este fallo que, na súa opinión, supón un "agasallo fiscal" aos herdeiros de Franco. "Parécenos moi grave e un erro", manifestou a líder dos nacionalistas galegos, que se preguntou se existe "algún pacto por activa ou por pasiva" entre o Goberno de Pedro Sánchez e a familia Franco.

Pontón, que subliñou que o fallo supón "unha vergoña democrática", considerou necesario que a Xunta de Galicia tamén se some ao recurso. "Porque nos parece igual de ofensivo para o pobo galego que a Xunta non mova nin un só dedo ante unha sentenza que obriga a pagar dúas veces polo Pazo de Meirás", sinalou.

Tras iso, apelou a non perder o tempo e "presentar xa" este recurso, tendo en conta que o prazo para a súa formalización finaliza o próximo día 12 de marzo. "Quedan nove días para facer o que é correcto", indicou.

Ademais, avanzou que a súa formación levará ao próximo unha iniciativa con estas demandas tanto á Xunta como ao Estado. "Esta sentenza ten que ser recorrida si ou si", subliñou.

Pola súa banda, Carlos Babío alertou dos efectos que esta sentenza "terrorífica desde o punto de vista da impunidade" pode ter noutras reclamacións como as da Casa Cornide ou as estatuas de Abraham e Isaac.

O integrante da Iniciativa Galega pola Memoria incidiu en que este fallo xudicial supón "blindar e branquear" todo o que ten que ver cos "abusos" por parte da ditadura franquista.

Por iso, asegurou que o seu recurso se debe presentar por "hixiene democrática", xa que a decisión xudicial nega "cuestións fundamentais" como a "mala fe dos Franco" na súa adquisición.

"Desde as asociacións da memoria histórica non queremos entrar nun debate economicista sobre se hai que pagar moito ou pouco aos Franco. Aos Franco non lles hai que pagar nada", incidiu.

POSTURA DOS SOCIALISTAS

Preguntadas respecto diso, as deputadas do PSdeG Noa Díaz e Paloma Castro avanzaron que a súa formación tamén presentará unha iniciativa no próximo pleno para reclamar que "se esgoten todas as vías xurídicas" para evitar indeminzar aos Franco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta