Outras 30.000 doses de AstraZeneca chegarán a Galicia esta semana

Galicia ten administradas un total de 233.316 doses, das que 184.620 son Pfizer, 6.367 de Moderna e 42.329 de AstraZeneca

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2021 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

A ministra de Sanidad, Carolina Darias, trasladou ao conselleiro do ramo, Julio García Comesaña, o envío de preto de 30.000 doses da vacina de AstraZeneca á comunidade galega a finais desta semana.

Así llo trasladou no marco da reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, tras o que Sanidade destacou que este novo envío permitirá avanzar no proceso de vacinación e acelerar o ritmo á hora de administrar as doses.

En suma, Galicia ten administradas un total de 233.316 doses, das que 184.620 son Pfizer, 6.367 de Moderna e 42.329 de AstraZeneca.

Vacina de AstraZeneca contra a covid. GVA
Vacina de AstraZeneca contra a covid. GVA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta