Galicia rexistra un 35% menos de denuncias por ocupacións en 2020 e un 38% menos de desafiuzamentos

Aumentan o concurso de persoas físicas, as reclamacións por ERE e os procedementos para demandar débedas

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

Os xulgados galegos realizaron un total de 1.398 desafiuzamentos en 2020, o que supón un 38,4% menos que en 2019, segundo os datos publicados este xoves polo Consejo General del Poder Judicial (CGPJ).

Con todo, esta baixada do 38,4% no caso galego é inferior en sete puntos á media española de descenso, do 45,6%. Do total de desafiuzamentos en Galicia, 1.150 (o 82%) foron por falta de pagamentos de aluguer. Outro 206 correspóndense con execucións hipotecarias e os 42 restantes foron por outras causas.

Pola súa banda, as demandas de execucións hipotecarias presentadas --que poden derivar en desafiuzamentos-- foron 772, un 1,8% máis que en 2019, cando se rexistrou a cifra máis baixa en 12 anos. No Estado o incremento foi moito maior, do 17,5%.

CAÍDA DA OCUPACIÓN

Igualmente, en 2020 produciuse unha forte caída das demandas por ocupación ilegal de vivendas, xa que non chegou ao centenar en toda Galicia (foron 94). Estas 94 denuncias --en casos nos que os propietarios son persoas físicas, entidades sen ánimo de lucro ou entidades públicas posuidoras de vivenda social-- supoñen un 35,2% menos que en 2019, cando houbo 145.

MENOS ASUNTOS POR CLÁUSULAS SOLO

Pola súa banda, os xulgados especializados en cláusulas solo ingresaron en 2020 un total de 3.469 asuntos (un 7,8% menos); resolveron 4.215 (un 10,7% menos) e deixaron en trámite 6.835 (un 9,8% menos). Os órganos xudiciais ditaron nestes procedementos 3.808 sentenzas, das cales foron estimatorias o 97,5%.

CONCURSOS E ERE

Este informe tamén recolle 285 concurso presentados o ano pasado en xulgados do mercantil, o que supón un 10,7% por baixo do dato de 2019

Concentración por un desafiuzamento en Ferrol. EUROPA PRESS - Arquivo
Concentración por un desafiuzamento en Ferrol. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

O estudo, ademais, reflicte un incremento dos procedementos monitorios presentados en 2020 nos xulgados de primeira instancia e de primeira instancia e instrución. Este tipo de procedemento serve para reclamar débedas dinerarias líquidas, determinadas, vencidas e esixibles, e inclúen as cantidades debidas en concepto de gastos comúns de comunidades de propietarios de inmobles urbanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta