O sector conserveiro esquiva a crise

Sobe un 2 % a súa produción e un 4,8 % o seu valor en 2020.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O sector de conservas de peixes e mariscos logrou esquivar a crise xerada pola pandemia da covid-19, incrementando as súas cifras de produción e facturación do exercicio 2020 e, aínda que a exportación xeral de peixes e mariscos experimentou un descenso, si creceron as vendas ao exterior de conservas.

Latas de atún en conserva.
Latas de atún en conserva. | Fonte: Conservas Calvo - Europa Press.

Segundo os datos do balance anual presentados este xoves polo secretario xeral de Anfaco, Juan Manuel Vieites, durante o ano 2020 producíronse en España (onde Galicia é a autonomía referente) 359.000 toneladas de conservas de peixes e mariscos, un 2 por cento máis; mentres que o valor dos produtos alcanzou os 1.754 millóns de euros (un 4,8 por cento máis).

Entre eses produtos, o atún/atún claro segue liderando o ranking, con 231.000 toneladas (un 2,1 % de crecemento) e un valor de 884 millóns de euros (un 3,1 % máis); seguido pola sardiña, cunha produción de 23.700 toneladas (+1,3 %) e un valor de 102 millóns de euros (+2,1 %); e polos mexillóns, cunha produción de 15.000 toneladas (+4,9 %) e un valor de 136 millóns (+11,3 %).

Con respecto ás exportacións, durante 2020 reducíronse as vendas ao exterior dos peixes e mariscos en xeral (sobre todo de pesca fresca e moluscos), pero as conservas experimentaron un crecemento do 13,62 % no que respecta ao valor dos produtos e dun 15,4 % en volume.

Portugal, Italia, Francia e Alemaña seguen sendo os principais destinos das conservas españolas na UE, mentres que Reino Unido é o sexto mercado e tamén Estados Unidos está entre os primeiros receptores non europeos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Zancho Zanpa

O que demostra que producir alimentos e bens doutro tipo é moito mellor que o turismo de masas, de bocadillo de mortadela, aparcar a autocaravana nas dunas, ou na finca (eu este ano tiven que ir botar unha dun campo da miña propiedade). Os países que producen cousas levan a crise moito mellor que este paisiño ao que lle chaman ejpañistán e que fanfarroneaba con que viñan máis de 80 millóns de turistas (un inglés aforra vindo de vacacións aquí en comparación con seguir na súa casa). Bye, bye, ejpañistán.