A Xunta quere eliminar o feísmo con subvencións de 3.000 euros

Haberá 40 millóns ata 2024 para o impulso do valor ambiental e cultural da paisaxe

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2021 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A Xunta sufragará este ano unhas 300 accións contra o feísmo con 3.000 euros cada unha. Esta é unha as propostas que se inclúen no plan estratéxico, aprobado este xoves polo Consello da Xunta, para impulsar o valor ambiental e cultural da paisaxe, que conta con 40 millóns de euros ata 2024. "Estou absolutamente convencido de que estas axudas axudarán a erradicar o feísmo", destacou.

Imaxe de portada da guía de campo sobre o feísmo editada pola USC
Imaxe de portada da guía de campo sobre o feísmo editada pola USC

En rolda de prensa tras o Consello, o presinte da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que este plan persegue o obxectivo de alcanzar unha paisaxe galega de calidade. O Plan Estratéxico da Paisaxe Galega contará con cinco eixos: fixar e executar un método de traballo, desenvolver instrumentos de protección, emprender accións concretas de mellora, profundar na colaboración administrativa e apostar pola sensibilización e formación paisaxística.

Entre as liñas operativas, dedícase por primeira vez un plan para o control e eliminación do feísmo, que só este ano recolle unhas 300 accións. Ademais, apostarase pola humanización de prazas e vías urbanas, á vez que se impulsará o distintivo de 'bandeira verde' e os pactos da paisaxe --como o da Ribeira Sacra para acordar intervencións--.

SENDAS

Xunto a isto, Feijóo avanzou que este ano se aprobará a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia, que busca fomentar os espazos e itinerarios de valor ecolóxico. Igualmente, vanse a impulsar as sendas e itinerarios peonís de interese paisaxístico como a futura Senda Litoral de Galicia, así como percorridos en bicicleta. Entre outras accións, farase tamén o primeiro Congreso sobre a Paisaxe de Galicia, no marco do Xacobeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta