Antón Gómez-Reino sostén que a prórroga da AP-9 "non se axusta a dereito"

O deputado de Unidas Podemos defende recuperala en 2023.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/03/2021 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O deputado de Unidas Podemos Antón Gómez-Reino argumentou que a prórroga da AP-9 "non se axusta a dereito" e reclama recuperar esta infraestrutura para "o público". Gómez-Reino mantivo esta semana reunións con diversas entidades sociais galegas para recoller as súas achegas en relación á iniciativa de Unidas Podemos para recuperar a AP-9 no ano 2023. A rolda de contactos continuará a próxima semana coa federación de transportistas Fegatrans, previa á reunión que este venres mantivo con outra das organizacións, Fetram.

"Autónomos e transportistas coinciden", sinalou Gómez-Reino, quen defendeu que tamén comparten que o prezo da autoestrada "lastra a competitividade das empresas galegas".

Nas reunións, Gómez-Reino trasladoulles que a investigación xurídica de Unidas Podemos "dos diversos Reais Decretos que ampliaron a concesión da AP-9 evidenciou que a última prórroga, a realizada no ano 2000 por Aznar, non se fixo sobre a infraestrutura xa construída entre Fene e Tui senón a cambio da construción dun novo tramo entre Fene e Ferrol, sen que esa obra fora a concurso".

O deputado considera que "de decaer o decreto, poderíase recuperar a AP-9 no 2023 e Galicia deixaría de ser a anomalía do Estado en relación ás autoestradas, xa que a tendencia é que nos próximos anos vaian terminando as concesións".

Finalmente, tamén lles informou sobre a reunión que manterá nas próximas semanas co secretario xeral de Infraestruturas "co obxectivo de exporlle esta investigación para que o Ministerio de Transportes revise a ampliación da concesión", informa a formación.

Peaxe, autoestradas, coches, peaxe, descontos, autovías, estradas.. XUNTA - Arquivo
Peaxe, autoestradas, coches, peaxe, descontos, autovías, estradas.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Seica os Servizos Xurídicos de Podemos son os únicos que ven o vaso medio cheo (?) O mesmo estamos a facer con Siemens Gamesa, Alcoa, Alu Ibérica, Endesa, ENCE, e sobre todo os activos tóxicos da SAREB ! Con esta iniciativa Gómez-Reino (Tone) xa pode vivir tranquilo os 3 anos que lle quedan por diante (?) AP9 Gratuíta en 2023 ou o Conto da Leiteira !