Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/03/2021 | Actualizada ás 15:33
Os casos de Covid-19 en residencias de maiores en Galicia seguen en descenso e redúcense a 36, deles 28 corresponden a usuarios e oito a traballadores, tras rexistrarse catro altas, un falecemento e un positivo.
Segundo os datos actualizados este venres polas consellerías de Política Social e Sanidade, detectouse un positivo nunha persoa usuaria da Residencia La Milagrosa da Coruña, mentres que faleceu unha octoxenaria neste mesmo centro e dous maiores de Mi Casa Ferrol e outro de Laraxe de Cabanas saíron da lista por negativizar.
Deste xeito, a residencia DomusVi Laraxe en Cabanas é a que rexistra máis casos, con nove usuarios contaxiados, seguida por Santa Mariña de Xinzo de Limia con sete nun gromo esta semana; e Mi Casa Ferrol con seis.
Pola súa banda, os traballadores destes centros contaxiados descenden a oito, tras saír da lista por negativizar o que quedaba da residencia Nosa Señora do Carme de Sarria.
En canto aos centros de atención á discapacidade mantéñense sen cambios, sen traballadores contaxiados, e con catro usuarios contaxiados, deles dous na Residencia Adultos Pai Menni de Betanzos, un na Aspanaes das Pontes de García Rodríguez e outro en Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey de Crecente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.