A APDR ve "avaladas" a súa posición de denunciar "indicios dun comportamento presuntamente delictuoso"

Neste sentido, a APDR reivindicou que este mércores deu a coñecer estes feitos á Fiscalía Xeral do Estado por entender que "revisten unha extrema gravidade xa que poden afectar a distintas institucións do Estado, entre elas as Cortes Xerais e a Secretaría de Medio Ambiente".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/03/2021 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) celebra a "boa noticia" de que Fiscalia abrise dilixencias penais contra Ence tras difundirse un vídeo no que o seu presidente, Ignacio de Colmenares, advertía que a biofábrica de Lourizán podería dar "un susto ambiental" por falta de investimentos.

Tras ter coñecemento deste procedemento, a APDR emitiu un comunicado no que considera que isto "avala" a súa posición de denunciar que nestas declaracións --a empresa di que están "sacadas de contexto"-- "existían indicios dun comportamento presuntamente delictuoso".

"Esta actuación da Fiscalía debería facer calar as voces que desde Ence e os medios políticos afíns pretenden minimizar estes feitos culpabilizando a quen defendemos a legalidade e o interese xeral fronte á rapina industrial", asevera a asociación a través do seu presidente, Antón Masa.

Neste sentido, a APDR reivindicou que este mércores deu a coñecer estes feitos á Fiscalía Xeral do Estado por entender que "revisten unha extrema gravidade xa que poden afectar a distintas institucións do Estado, entre elas as Cortes Xerais e a Secretaría de Medio Ambiente".

Ademais, solicita a adopción de "as medidas necesarias" para "evitar que as presións exercidas" polo presidente de Ence poida afectar as institucións do Estado e á tramitación da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, concretamente ao seu polémico artigo 18.4.

Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra / Europa Press. / Europa Press
Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ogallá a Asociación pola Defensa da Ría siga adiante coa súa denuncia... O malo é que a Fiscal Xeral do Estado anda moi ocupada reuníndose con un tal Inda en pisos particulares de Madrid (?) Non sabemos aínda que pinta nesta historia un tal Baltasar Garzón que debe cumprir en breve os dez anos de inabilitación (?) E mentres tanto as denuncias ante a Fiscalía non pasan de ser toneladas de PAPEL producidas por ENCE !!! Os únicos que moven ficha seguen sendo os que levan máis de 25 anos levando paus... APDR Adiante !!!