O Sergas notifica catro falecidos máis por Covid-19

O total de vítimas mortais da pandemia en Galicia elévase a 2.268.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2021 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este sábado de catro novos falecidos pola covid-19 e que elevan a 2.268 o total de vítimas en Galicia desde o inicio da pandemia sanitaria.

Un deles foi un home de 76 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Vigo, ademais dun home de 64 anos e unha muller de 85 que se atopaban no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Finalmente, faleceu outro home de 66 anos de idade e que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario da Coruña. Os catro presentaban patoloxías previas.

Hospital da Coruña. EUROPA PRESS - Arquivo
Hospital da Coruña. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta