Feijóo aposta pola rehabilitación nunha das cidades máis abandonadas de Galicia

A Xunta ten en marcha o programa 'Rexurbe' en Ferrol vello, onde restaura 19 edificios para crear 38 vivendas e catro locais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2021 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que "a rehabilitación ten que ser unha obsesión das administracións públicas", durante unha visita realizada este luns á zona vella de Ferrol en compañía da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, e ao alcalde da cidade, Ángel Mato.

Nesta zona histórica, cun dos cascos vellos máis abandonados de Galicia, o Goberno galego prevé recuperar 19 edificios con 10 millóns de euros para lanzar 38 vivendas de protección autonómica e catro locais comerciais. Nunha intervención realizada durante a visita, Feijóo manifestou a súa aposta pola restauración de inmobles: "Entre facer unha casa nova nos arredores dunha cidade ou rehabilitar o núcleo fundamental a cidade, sempre hai que optar por rehabilitar".

Precisamente, a Xunta ten en marcha na zona vella de Ferrol o programa 'Rexurbe', consistente na compra de inmobles para a súa posterior rehabilitación para destinar vivendas e locais comerciais ao aluguer. "Queremos que o impulso da rehabiltación, promovido desde o punto de vista da compra de edificios, empezo en Ferrol Lanuxe, un barrio que necesita unha nova etapa e estamos convencidos co que estamos a facer aquí vaina a iniciar", detallou Feijóo.

Á súa vez, incidiu en que "a rehabilitación é o máis difícil, xa que o fácil sería pór ferros de formigón". "Pero merece a pena o complicado, por que o fácil xa se fai en todos os sitios", apostilou o mandatario autonómico.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visitan Ferrol para comprobar as obras a cargo do programa 'Rexurbe'.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, visitan Ferrol para comprobar as obras a cargo do programa 'Rexurbe'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta