Só 270.000 galegos están vacinados

Non conxunto do estado xa se recibiron 4,6 millóns de doses.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2021 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

As comunidades autónomas administraron ata este luns un total de 4.656.441 doses das vacinas contra a COVID-19 de Pfizer-BioNTech, Moderna e AstraZeneca, 184.864 durante este fin de semana. Isto representa o 83,4 por cento das distribuídas, que ascenden a 5.583.955 unidades, as mesmas que o venres.

En concreto, a nivel galego, administráronse 270.952 dose de vacina contra a covid-19, o 87,7% das 309.015 recibidas ata agora. A cifra de persoas que xa recibiron a pauta completa en Galicia crece ata as 75.259.

A nivel nacional, un total de 1.371.632 persoas recibiron xa a segunda dose a partir da cal se empeza a xerar inmunidade, 29.147 máis que o pasado venres. Isto supón o 29,5 por cento do total das doses administradas.

Os datos indican que nese período recibíronse en España 4.026.555 dose de Pfizer, con 3.859.132 administradas; 387.600 correspondentes a Moderna, con 186.559 xa inoculadas; e 1.169.800 de AstraZeneca, coas que se vacinou a 610.75 persoas.

Vacina
Vacina | Fonte: A.Pérez - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta