Case medio millón de euros para apoiar ao sector pesqueiro e marisqueiro da Coruña

Blas García defendeu que estes sectores son estratéxicos e que tamén víronse afectados pola pandemia.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/03/2021 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña destina este ano 462.000 euros para apoiar ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia en cuestións como a contratación de persoal ou a modernización das súas infraestruturas, procesos de produción e comercialización.

O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, subliñou este martes, 9 de marzo, "a importancia social e económica que os sectores pesqueiro e marisqueiro teñen na provincia da Coruña, onde xeran miles de empregos".

"Desde a Deputación queremos seguir apoiando a un sector estratéxico que no último ano tamén se viu seriamente afectado pola pandemia, pero que segue liderando as cifras de pesca fresca, con máis de 78.000 toneladas de peixe, o 52% do total de Galicia, vendidas o ano pasado", apuntou.

Segundo anunciou Blas García, este mércores, 10 de marzo, a Deputación abre o prazo de solicitudes desta liña de subvencións, que se poderán tramitar de maneira telemática a través da plataforma SUBtel ata o próximo 31 de marzo ás 14.00 horas.

A través deste programa de apoio ás confrarías, os depósitos coruñeses poden optar a axudas de entre 1.000 e 30.000 euros que poden destinar á contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, aluguer de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo ou contratación de servizos externos, como a vixilancia. 

Pescadores
Pescadores | Fonte: CEMMA.

O deputado lembrou que o ano pasado 30 depósitos e agrupacións de mariscadoras e mariscadores recibiron o apoio económico da deputación para manter a súa actividade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta