O bo tempo en Galicia provoca que os encoros galegos perdan capacidade

Así o revela o informe publicado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica esta semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Os encoros galegos teñen esta semana 3.134 hectómetros cúbicos de auga, 72 menos que fai sete días, e atópanse ao 84% da súa capacidade, segundo o informe publicado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

En concreto, os encoros da demarcación Miño-Sil teñen 2.556 hectómetros cúbicos de auga, 42 menos que hai unha semana, e están ao 84,4% da súa capacidade total.

Pola súa banda, os da conca Galicia-Costa están ao 84,5% da súa capacidade, con 578 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 30 menos que o martes pasado.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta