Temas: AEROPORTOS AENA

Aena subirá un 5% as taxas por pasaxeiro entre 2022 e 2026

Prevé investimentos de 2.250 millóns para dar resposta aos estándares de capacidade das infraestruturas e seguridade, calidade de servizo e outros requisitos de mantemento.

Por E.P. | Madrid | 09/03/2021 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O consello de administración Aena aprobou este martes a proposta dun novo Documento de Regulación Aeroportuaria para os exercicios comprendidos entre 2022 e 2026 (DORA II) que prevé investimentos de 2.250 millóns para dar resposta aos estándares de capacidade das infraestruturas e seguridade, calidade de servizo e outros requisitos de mantemento, así como unha subida das tarifas aeroportuarias, a través do ingreso Máximo Anual por Pasaxeiro, do 4,9% no período.

Pista da terminal do aeroporto de Santiago de Compostela
Pista da terminal do aeroporto de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press.

No entanto, o investimento total ascende a 2.500 millóns de euros, dos que 2.250 provirían de ingresos por taxas aeroportuarias, mentres que 250 millóns restantes rendibilizaranse a través de ingresos comerciais, segundo fontes da compañía. As estimacións de investimento anteriores á pandemia ascendían a 5.000 millóns de euros.

O DORA II foi remitido á Dirección Xeral de Aviación Civil (DGAC) de conformidade co previsto no artigo 24 da lei reguladora da rede de aeroportos de interese xeral, segundo informou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Así mesmo, foi remitido á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e espérase que a súa aprobación, pasando polo Consello de Ministros, antes do 30 de setembro.

Os niveis de investimento e as tarifas aplicables para este período foron determinados baixo a previsión de que nestes cinco anos se alcancen os 1.218 millóns de pasaxeiros, baseando esta estimación nas realizadas por ACI, IATA e Eurocontrol. O custo medio ponderado de capital antes de impostos (WACC) que se propón é de 7,68%.

Para a fixación das tarifas aeroportuarias prevese un Ingreso Máximo Anual por Pasaxeiro (IMAP) de 9,94 euros para 2022; 9,99 para 2023; 10,05 para 2024; 10,19 para 2025 e 10,43 para 2026. A evolución no período, por tanto, sería dun 4,9%.

Temas: AEROPORTOS AENA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta