O INE cuantifica 269 máis mortes que o Sergas en xaneiro e febreiro

A diferenza, do 4'7%, correspóndese con cifras de exceso de mortalidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2021 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total de 5.987 mortes nas oito primeiras semanas de 2021 (ata o 28 de febreiro), o que supón un exceso de 269 defuncións respecto ao mesmo período de 2020, un 4,71% máis. Así figura nos datos publicado este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que realiza unha táboa experimental durante o brote de Covid-19 con cifras de defuncións que actualiza cada dúas semanas.

Esta taxa de incremento de falecidos en Galicia é inferior á media estatal nas seis primeiras semanas, onde se alcanza o 21,34% de alza (cun exceso de 15.760 falecementos). Por provincias, no oito primeiras semanas, A Coruña está á cabeza no repunte de mortes (+ 21,52%), mentres que descenden no resto das provincias, máis acusado na de Lugo (-14,72%). No caso da provincia de Ourense o descenso é do 2,26% e na de Pontevedra dun 2%, de acordo cos datos publicados polo INE.

Unha muller pasa xunto a un panel con necrolóxicas no municipio de Guitiriz (Lugo). Carlos Castro - Europa Press
Unha muller pasa xunto a un panel con necrolóxicas no municipio de Guitiriz (Lugo). Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta