O segundo buque de Navantia Ferrol para a Armada de Australia partirá o 18 de abril cara a ese país

Entre o luns e xoves da próxima semana ten previsto realizar as probas de mar.

Por E.P. | Ferrol | 10/03/2021 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O segundo buque loxístico do tipo AOR que Navantia constrúe no estaleiro de Ferrol para a Armada de Australia partirá de maneira definitiva facía ese país o próximo 18 de abril, segundo trasladaron a Europa Press varias fontes consultadas.

Con esta partida, as instalacións industriais quedarán sen ningunha actividade no referente a construción naval, aínda que con carga de traballo no sector de reparacións.

Ademais, este buque ten previsto iniciar o vindeiro luns, 15 de marzo, durante catro días, ata o xoves 18, as probas de mar, e que se desenvolverán en augas próximas ás costas de Ferrolterra, datas que Navantia tamén rexeitou confirmar.

No barco viaxarán unhas 130 persoas, tanto persoal de Navantia como de compañías auxiliares, ademais de representantes a empresa contrata pola Armada de Australia para verificar a construción, que se someterán previamente a probas para detectar posibles casos de positivos en coronavirus.

Buque loxístico que Navantia Ferrol constrúe para a Armada de Australia.
Buque loxístico que Navantia Ferrol constrúe para a Armada de Australia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta