Os usuarios de transporte urbano por autobús baixan un 47,6% en xaneiro en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

Os usuarios de transporte urbano por autobús baixaron un 47,6% en xaneiro en Galicia en relación co mesmo período do ano anterior, ata 2.816.000 viaxeiros, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola súa banda, o número de viaxeiros que optou por viaxar en avión para desprazarse polo interior do país esborrallouse un 73,9% o pasado mes de xaneiro respecto ao mesmo mes de 2020. Este descenso débese ás restricións de mobilidade tanto nacionais como internacionais provocadas polo coronavirus. De feito, en total só 776.000 viaxeiros usaron o avión en xaneiro para os seus desprazamentos.

A isto súmase tamén un retroceso nos viaxeiros en tren. Así, os usuarios dos trens AVE apenas alcanzaron os 382.000 usuarios, un 77,2% menos que en igual mes de 2020.

Segundo a estatística de transporte de viaxeiros do INE, que reflicte o impacto da pandemia no uso dos distintos medios de transporte, o número de usuarios do transporte público baixou en xaneiro un 51,1% en taxa anual, ata os 206,8 millóns de pasaxeiros.

O transporte urbano diminuíu un 51,9% en taxa anual e o interurbano un 54,2%, destacando dentro deste último a caída de case o 74% do transporte aéreo debido ás restricións de mobilidade provocadas polo coronavirus.

A taxa de variación do número de pasaxeiros do transporte público do mes de xaneiro respecto de decembro foi do -14,3%. Un dato que contrasta co pasado ano cando creceu un 3,9% e moito máis con 2008 cando a evolución da taxa mensual de viaxeiros no mes de xaneiro no transporte público aumentou un 6,3%.

Bus, autobús, plan de transporte. XUNTA - Arquivo
Bus, autobús, plan de transporte. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta