O PPdG ironiza sobre as mocións de Ciudadanos: "non temos constancia de que vaian presentala en Galicia"

Os 'populares' de Galicia non perderon ocasión de lanzar un dardo aos adversarios do partido laranxa aproveitando as mocións de censura no resto do Estado. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, cargou contra a mensaxe por considerala unha "frivolidade".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Un día despois da ruptura de Cs co PP en Murcia e o anuncio dun novo pacto cos socialistas, a política estatal segue en suspense á espera das réplicas que poden seguir a este primeiro tremor. Polo momento, as mocións presentadas en Castela e León e a Comunidade de Madrid supoñen a cara máis dura deste revulsivo, que podería rematar coa polémica presidencia de Isabel Díaz Ayudso logo do tacticismo amosado por Más Pais cunha moción de censura particularmente oportuna.

Tweet da conta oficial do PP a respecto das mocións de Cds no resto do Estado
Tweet da conta oficial do PP a respecto das mocións de Cds no resto do Estado | Fonte: Twitter

Galicia, pola composición hexemonicamente 'popular' do seu parlamento, é das poucas comunidades autonómas que, a día de hoxe, non alberga preocupación algunha no tocante á continuidade inmediata do seu presidente. A condición de partido extraparlamentario que segue pendendo sobre Ciudadanos foi aproveitada polos 'populares' de Galicia para ironizar nos termos seguintes sobre unha hipotética moción en Galicia.

A retranqueira mensaxe non foi ben recibida pola voceira nacional do BNG, Ana Pontón, que criticou a "frivolidade" mostrada polos populares galegos no tocante á mención da súa maioría absoluta, que, porén, "non serve de nada" a sectores como o da hostalaría. "O útil para unha sociedade non é se hai unha maioría ou non, senón cales son as respostas que se dá á cidadanía", afirmou Pontón nunha rolda de prensa celebrada este xoves na Cámara galega.

"Non se se este tuit sentou moi ben naqueles lugares onde se lles está facendo unha moción de censura", declarou Pontón, que considerou que "as leas do PP son cada vez máis importantes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta