O 'Lab Barbanza' de Boiro, integrado na Rede de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña

Boiro súmase así aos concellos de Oleiros, Brión, Ames, Carballo, Moeche e A Capela que tamén contan con centros de coworking espcializados en diferentes sectores.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/03/2021 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O centro de coworking 'Lab Barbanza' de Boiro integrouse na Rede de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña, unha iniciativa posta en marcha no marco do Plan de Emprego Local (PEL).

O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, visitou este xoves, acompañado do alcalde de Boiro, José Ramón Romeu, e dos deputados provinciais Blas García e Sandra González, este centro. Boiro súmase así aos concellos de Oleiros, Brión, Ames, Carballo, Moeche e A Capela que tamén contan con centros de coworking espcializados en diferentes sectores.

O centro boirense está situado no polígono industrial de Espiñeira, propiedade do concello, e conta con 283 metros cadrados de superficie útil distribuídos en cinco oficinas, ademais doutras instalacións.

Na súa visita, González Formoso destacou que "Galicia necesita facer unha lectura clara das súas potencialidades industriais e apostar pola innovación e por este pequeno tipo de nichos onde o coñecemento teña as sinerxías garantidas e a posibilidade de intercambiar ideas e experiencias que fagan impulsar proxectos empresariais".

Pola súa banda, o alcalde de Boiro, José Ramón Romeu, explicou que 'Lab Barbanza' será "unha ferramenta de apoio para as persoas emprendedoras" do municipio e a comarca.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romeu, visitan o centro de coworking 'Lab Barbanza'. MONCHO FONTES
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romeu, visitan o centro de coworking 'Lab Barbanza'. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta