Temas: PESCA BNG

BNG censura que a "imposición de Bruxelas" do diario electrónico a frota artesanal é "un agravio" a Galicia

Critica a obriga da videovixilancia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/03/2021 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, censura que a "imposición de Bruxelas" do diario electrónico para a pesca artesanal "é un gran agravio para Galicia". Así, considera que a aprobación este xoves, no Pleno do Parlamento Europeo, da reforma do regulamento de control de pesca "deixa un amargo sabor" no sector pesqueiro.

Ana Miranda, portavoz do BNG en Bruxelas
Ana Miranda, portavoz do BNG en Bruxelas | Fonte: Europa Press

O Bloque defendeu que, a través de Alianza Libre Europea (ALE), que a presentación dos datos de capturas en formato impreso debería seguir posible, como alternativa, para os buques pesqueiros de eslora total inferior a 12 metros.

Ademais, o Bloque critica a obrigación da videovixilancia nos barcos, xa que considera que é "unha medida excesivamente invasiva".

"Parece que en Europa están máis preocupados en lexislar que en saber como son as condicións de traballo dun sector tan duro como o pesqueiro", recrimina.

A asociación pesqueira europea Europêche, da que forma parte a Confederación Española de Pesca (Cepesca), considera que a obrigatoriedade de instalar cámaras para controlar a obriga de desembarque "ensombrece" a revisión do novo Regulamento e constitúe un "elefante na habitación" que obstaculiza o normal desenvolvemento da actividade pesqueira.

Temas: PESCA BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta