Os prezos caen un 0,5% en febreiro en Galicia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou un 0,6% en febreiro en relación ao mes anterior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Os prezos en Galicia rexistraron unha caída do 0,5% en febreiro, con respecto ao mes anterior, segundo os datos que publica este venres, 12 de marzo, o Instituto Nacional de Estatística (INE), o que deixa o balance no que vai de ano nunha caída do 0,8%.

Porén, mantén unha inflación positiva na taxa interanual co 0,2%, que se corresponde fundamentalmente co do prezo da alimentación e bebidas non alcohólicas (+2,0%), ensino (+1,4%), medicamento (1,1%) e hoteis e restaurantes (+1,1%). Por outra banda, houbo un esborralle en vestido e calzado (-17,1%) mensualmente, á vez que subiu un 3% o transporte.

Arquivo - Un biombo instalado nunha tenda de comestibles da capital da Coruña. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un biombo instalado nunha tenda de comestibles da capital da Coruña. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

IPC

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou un 0,6% en febreiro en relación ao mes anterior e situou a súa taxa interanual no 0,0%, cinco décimas por baixo da de xaneiro, rexistrando así a súa segunda taxa positiva consecutiva tras nove meses en valores negativos, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que coinciden cos avanzados a finais do mes pasado.

Ao descenso dos prezos en cinco décimas contribuíu, principalmente, a baixada dos prezos da electricidade así como a estabilidade dos prezos dos servizos de aloxamento, a menor subida do prezo dos paquetes turísticos en comparación coa que experimentaron en febreiro do ano pasado, e o menor custo dalgúns alimentos, como os legumes e hortalizas e a carne.

Por contra, Estatística destaca o aumento dos prezos dos carburantes e combustibles para o transporte persoal no segundo mes do ano, en contraste co descenso que rexistraron en febreiro de 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta