O pequeno comercio de Galicia aguanta posicións fronte ao esborralle do resto do Estado

A caída en Galicia é pronunciada --7'2%--, pero moito menor á rexistrada noutras comunidades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

As vendas do comercio minorista en Galicia descenderon un 7,2% respecto ao ano pasado, sendo a terceira comunidade con mellores cifras do conxunto estatal; e presenta unha caída do 2,3% da ocupación polo 3,3% que baixa a media estatal.

Segundo os datos do Índice de Comercio Minorista publicados este venres, 11 de marzo, polo Instituto Nacional de Estatística, o descenso da taxa anual das vendas deste tipo de comercio en Galicia durante o mes de xaneiro é o terceiro máis baixo do Estado, onde baixaron en todas as comunidades autónomas.

Así, a caída do 7,2% nas vendas do comercio polo miúdo galego só foi mellorado por Cantabria (6,7%) e Madrid (6,9%). A media nacional situouse no menos 10,9% en xaneiro na serie orixinal e na serie corrixida, o descenso interanual das vendas do sector foi do 9,5%, taxa oito puntos inferior á rexistrada o pasado mes de decembro.

DATOS ESTATAIS

O comercio minorista rexistrou un descenso das súas vendas do 10,9% en xaneiro respecto ao mesmo mes de 2020, ampliando en máis de dez puntos a caída de decembro (-0,6%). Con este retroceso, o maior desde o pasado mes de maio, as vendas do comercio minorista encadean once meses consecutivos de descensos interanuais.

En termos mensuais, e en datos corrixidos de efectos estacionais e de calendario, o comercio minorista sentiu o impacto da terceira onda de contaxios de Covid e afundiu a súa facturación un 7,6% respecto ao mes anterior, a súa maior caída mensual desde abril, cando España se atopaba confinada.

Comercio minorista
Comercio minorista

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta