A pandemia fai caer un 11% as disputas que acaban nos xulgados

A parálise dos meses da corentena incrementou os trámites pendentes de resolver, especialmente no eido do penal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

Os xulgados e tribuanles de Galicia ingresaron no ano 2020 un total de 293.692 asuntos, un 11,4% menos que o ano anterior, segundo reflicte a estatística elaborada polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) difundida este venres. Así, ese descenso no número de casos xestionados nos órganos xudiciais da comunidade reflicte o impacto da pandemia, aínda que a caída foi menor que no conxunto estatal, onde os ingresos baixaron un 12% respecto de 2019.

Ademais, a crise sanitaria que obrigou a interromper a actividade dos xulgados tamén motivou o incremento do 7,4% nos asuntos pendentes de resolver. Ao peche de 2020 eran 167.450 os asuntos en trámite polos 155.822 cos que terminou 2019, ano respecto ao cal se resolveron un 14,3% de asuntos menos (en total, 278.961).

Así as cousas, a taxa de litixiosidade do ano da pandemia situouse no 108,7 por cada mil habitantes; case oito puntos por baixo da media estatal (116,5). Por xurisdicións, a entrada de asuntos foi menor que en 2019 en todas elas, especialmente en Penal, onde baixaron un 17,9& (123.370 procedementos). Nesta área quedaron resoltos 121.177 (-19,8%) e pendentes 42.169 (+4,3%).

xulgados de Viveiro
xulgados de Viveiro | Fonte: google maps

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta