Néstor Rego reclama o arquivo da causa para os outros 18 de Meirás: "deben quedar libres"

Ao ser deputado, Rego foi xulgado --e absolto-- polo TS. Agora pide que a sentenza sexa a mesma para os encausadas pola xustiza ordinaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, celebrou este venres que a Sala Segunda do Tribunal Supremo arquivase a causa contra el pola protesta celebrada no Pazo de Meirás en agosto de 2017, cando un grupo de 19 militantes nacionalistas accederon ao inmoble para despregar pancartas contra o franquismo e a favor da súa devolución ao patrimonio público.

Neste sentido, nunha rolda de prensa ofrecida este venres desde a sede do Bloque en Santiago, Rego reclamou que esta "idéntica resolución" do Supremo se adopte no Xulgado de Instrución de Betanzos contra o resto de participantes nesta acción reivindicativa. "Todos e todas deben quedar libres de calquera imputación como consecuencia desa denuncia da familia Franco", aseverou o deputado do BNG, quen considera que "carecería de toda lóxica" que outro xulgado, en contra da postura do Supremo, entendese que si hai delito.

Tal e como explicou o deputado nacionalista, foi unha acción reivindicativa "simbólica" desenvolta o 30 de agosto de 2017 e que foi "decisiva para que, a partir de aí, as administracións públicas asumisen por unanimidade" a iniciativa para recuperar "o expoliado polo Franco" nos xulgados. Este proceso finalizou --ata o momento-- con dúas sentenzas favorables por parte dun xulgado da Coruña, primeiro, e da Audiencia Provincial, despois.

Pazo de Meirás coas pancartas despregadas para reivindicar a propiedade pública deste inmoble nunha acción realizada por membros do BNG. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)
Pazo de Meirás coas pancartas despregadas para reivindicar a propiedade pública deste inmoble nunha acción realizada por membros do BNG. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta