Concurso de viñetas sobre o impacto da covid-19

A Deputación da Coruña convoca o certame 'Moito por cambiar'.

Por E.P. | A Coruña | 12/03/2021 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A área de Igualdade da Deputación da Coruña convocou o concurso de viñetas 'Moito por cambiar' sobre o impacto da Covid-19. Os traballos tratarán sobre os efectos da pandemia na feminización da pobreza ou a precariedade laboral.

Un home participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, a 6 de febreiro de 2021
Un home participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, a 6 de febreiro de 2021 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Poderán presentarse mozas e mozos de entre 12 e 18 anos a unha iniciativa que teñen como obxectivo "que o alumnado reflexione sobre os efectos e impactos da Covid-19 no conxunto da sociedade, de maneira especial no relativo á sustentabilidade da vida que reclama novas demandas sociais e cambia as prioridades".

Os traballos versarán sobre o factor multiplicador da Covid-19 na precariedade laboral, a feminización da pobreza, as necesidades de coidados, os efectos negativos sobre a saúde física e o benestar emocional ou as violencias machistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta