Alerta laranxa por temporal para este sábado na costa da Coruña e Lugo

En concreto, espérase mar combinado do noroeste, con ondas de ata seis metros. Pola súa banda, na costa de Pontevedra, o nivel de alerta será amarelo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2021 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro durante a xornada do sábado no litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do sábado pola mañá, empezará un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afectará á costa da Coruña e Lugo.

En concreto, espérase mar combinado do noroeste, con ondas de ata seis metros. Pola súa banda, na costa de Pontevedra, o nivel de alerta será amarelo.

Por este motivo e para garantir a seguridade dos bens e das persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos municipios das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Ondas, temporal, vento, litoral, Galicia, mar. EUROPA PRESS - Arquivo
Ondas, temporal, vento, litoral, Galicia, mar. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta